top of page

Biografía 

Artemisia    1593-1652

 

Artemisia, artista italiana, filla de pintor. Popular pintora barroca. Ao carón de nomes como Caravaggio ou Carraci temos que por a esta artista. Nacida en Roma a finais do XVI. Filla dun importante pintor, Orazio Gentileschi, seguidor de Caravaggio o do seu tenebrismo. Artemisia achégase á pintura colaborando no obradoiro do seu pai. O pai, o irmá ou o esposo eran a porta de entrada no mundo artístico de moitas pioneiras, mulleres que devecían por pintar. Ás veces, superándoos.

A vida de Artemisia estivo marcada por un episodio dramático na súa xuventude. O xuízo contra Agostino Tassi, colaborador do pai e profesor da rapaza, que abusou dela, no ano 1612. Denunciado polo pai, tanto pola violación como polo roubo de cadros, o xuízo converteuse nun escándalo para a época; cruel no caso da pintora que foi sometida á tortura e que cuestionou a súa reputación. Foi a humillación pública de Artemisia. Na época na que se estaba, cuestionouse máis o comportamento da muller, que a acción do acusado. Moitos relacionan os trazos da súa pintura, e os temas, con esta traumática experiencia.

Tras este duro episodio, casará con outro pintor e irá a Florencia en 1614. Vivirá éxitos nesta cidade e incluso será a primeira muller admitida na Academia de Disegno. Pintora de éxito na Florencia de Miguel Anxo.

Como artista traballou o xénero do retrato, a pintura histórica, relixiosa.... cunha linguaxe orixinal e claramente recoñecible. Protagonizada, moitas veces, por mulleres poderosas, activas, e con carácter, heroínas (coma ela mesma). Estendeu o tenebrismo por Italia o mesmo que o fixera o pai, desprazado primeiro a Francia e a Inglaterra para traballar ao servizo de importantes mecenas. Artemisa colaborará co pai en Inglaterra no ano 1638.

Desde 1630 ata o final da súa vida, marcha de Roma a onde regresara, e instálase en Nápoles, lugar ao que chegou precedida dunha importante sona e no que continuo traballando, en encargos públicos e privados, ata a morte. Á hora de estudar a pintura barroca non podemos, pois, esquecer  o nome desta pioneira e que foi artista de prestixio.

Pink Sugar
Self-portrait_as_the_Allegory_of_Painting_(La_Pittura)_-_Artemisia_Gentileschi.jpg

Autorretrato, alegoría da pintura

Podémolo atopar no Kesington Palace de Londres. Artemisia acompañou ao seu pai na súa estancia en Londres. En 1638. Esta obra é do ano 1630 cando se instala en Nápoles, na madurez da pintora. Representada no acto de pintar, na concentración do traballo. Emprega un marcado escorzo  e cos seus brazos abarca todo o extremo esquerdo do lienzo; no lado dereito o corpo. Algo despeiteada, no acto da creación. A artista está potenciano o acto creativo, o acto intelectual da creación.

Judith decapitando a Holofernes

A obra é do ano 1620 é atopámolo no Museo Uffizi de Firence. Asinado como Artemisisa Lomi. Quizáis fose encargo de Cosme II,florentino, pero realizouna en Roma. Hai outra versión do cadro.  Inspíranse en Caravaggio que tamén tratou o tema.

Pink Sugar
Judit_decapitando_a_Holofernes,_por_Artemisia_Gentileschi.jpg
bottom of page