top of page

Almofadado

unnamed.jpg
Captura de Pantalla 2024-01-19 a las 19.04.28.png

Aparello

O aparello é como se designa ás diferentes formas de dispor os materiais constructivos no muro, case sempre sillares de pedra e de ladrillo.

Pode ser almofadado: no almofadado a sillería está construída con sillares labrados de xeito que as xuntas están afundidas e biseladas. Un exemplo témolo na Porta dos Abades da Catedral de Santiago ou no Pazo de Carlos V na Alhambra de Granada.

Pode ser tamén cachotería ( mampostería en castelán) aquí o aparello está feito de cachotes de pedras irregulares, sen labrar ou pouco labradas, colocados sen orde de filas nin tamaños e unidos con argamasa. A arte asturiana destaca polo uso da cachotería nos seus edificios.

No caso do aparello de perpiaño ( cantería) a obra está feita con sillares de pedras ben traballadas, paralelepípedas, é dicir de xeito regular que soen estar ben labrados e aparellados nas construcións. Un exemplo desto é a arquitectura grega

Definición ABAU

 

bottom of page