top of page
Basilica_(arquitetura)_PT.svg.png
1_r5_AXqesvbR0YF6fP_K_fA.jpg

Arcobotante

Tamén chamado botarel. Palabra que procede do francés arc.- boutant, e significa: arco que transmite.

É un segmento de arco (arcos rampantes) que nacen na parte superior da nave central e que sobrevoan os tellados das naves laterais dunha construción. Serven para transmitir o peso da bóveda central ata o contraforte.

Pode haber dobre fieira de arcobotantes se a altura da nave central é moi grande. Serve tamén para conducir a auga de chuvia a través do canal escavado no seu extradós ata a gárgola. Aparecen a finais do século XII en L´Ile de France e son un elemento arquitectónico típico da arquitectura gótica.

Definición ABAU

Arco exterior que descarga sobre un contraforte o empuxe das bóvedas.

bottom of page