top of page
7b468f9445c7efbdbfd1200bf761b976.jpg
tipos de arco.jpg
14273ab8a797d1b0ff60aeca0897e632.jpg
download-1.jpg

Arco

O arco é un elemento arquitectónico sustentante, polo xeral de forma curva, que cubre un van entre dous puntos fixos e sobre os que reparte o empuxe exercido sobre el. Está composto por dovelas e pode ter diversas formas:
 

  • APUNTADO: tamén se chama oxival. Está formado por dous arcos de circunferencia con igual radio pero distintos centros equidistantes do punto central da recta que une os puntos de arranque e que ao cruzarse forman un ángulo. É dicir, os dous segmentos de arco dos que consta, forman un ángulo. Cando é moi apuntado chámase alancetado. Este tipo de arco é típico da arquitectura gótica.

  • ARCO DE FERRADURA: É o arco característico do mundo musulmán. É ultrasemicircular. Tamén é usado na arquitectura visigoda. O modelo musulmán é máis pechado e a liña do intradós e trasdós mantense paralela. Entre os exemplos de máis beleza está o do mihrab da Mezquita de Córdoba.

  • ARCO DE MEDIO PUNTO: É o equivalente a media circunferencia. É un arco semicircular. É o máis habitual e empregouse nas construcións mesopotámicas, romanas, Idade Media, etc..

  • ARCO PERALTADO: É un arco de medio punto cos laterais prolongados, onde a súa frecha (altura) é maior ca metade da súa luz (ancho). Polo tanto ten máis duelas nos laterais que un arco normal.  Exemplos fermosos hainos na arte asturiana: Santa María do Naranco

 

  • ARCO REBAIXADO:É coma un arco de medio punto só que a curva é inferior á media circunferencia.

Atendendo á disposición do arco na construción fálase de: arco faxón e arco formeiro.

 

  • ARCO FAXÓN  OU DE FAIXA: Emprégase este termo para designar a aqueles arcos que se dispoñer de xeito transversal ao eixo da bóveda de canón co fin de reforzala. Tamén son denominados perpiaños. Exemplo; arcos faxóns da bóveda na nave central da catedral de Santiago de Compostela, ou os das construcións prerrománicas en Asturias...

  • ARCO FORMEIRO: Atendendo á disposición do arco na construción fálase de: arco faxón e arco formeiro. O formeiro é o arco paralelo ó eixo lonxitudinal dunha nave. É dicir o que separa a nave central da nave lateral nunha construción relixiosa

Definición ABAU

Arco de faixa: Elemento arquitectónico que sostén as bóvedas de cañón. Emprégase nas naves das igrexas románicas.

Arco de faixa Tamén coñecido como arco toral, se dispón de maneira transversal á bóveda para cinguila como elemento de reforzo.

bottom of page